Select Page

CARMEN DÍAZ

Estilista

Desde hai máis dunha década asesoramos a mulleres coma ti, para que a súa imaxe lles encante e realcen o mellor de si mesmas.

Sobre nós

O noso equipo leva asesorando con paixón e ilusión a centos de mulleres durante máis dunha década.

Apostamos por marcas que son sinónimo de garantía de calidade e as complementamos cun amplo abano de servizos, para que a túa experiencia de compra sexa relaxada, agradable e gratificante.

Carmen Díaz Estilista

A nosa tenda

Crea o teu propio estilo

Achegámosche as últimas tendencias para que crees o teu propio estilo apostando polas mellores calidades das marcas máis actuais.

Que ofrecemos?

Estas son só algunhas das prendas que podes atopar na nosa tenda.

Os modelos máis actuais das mellores marcas.

Abrigos, gabardinas e parkas

Americanas e chaquetas

Camisas e camisetas

Xerseis

Vestidos e saias

Pantalóns

Moda en pel

Accesorios

Consello do mes

Coidado de punto e la

Temos que lavar pouco e ventilar moito o punto e as prendas de la porque é un produto natural que repele o cheiro. Cando teñas que lavar unha prenda, usa o programa curto da lavadora e nunca lle botes suavizante porque o suavizante e a la son inimigos.

Se che saen boliñas polo roce, nós proporcionámosche un servizo de mantemento gratuíto e poñémoscho outra vez coma novo.

Procura sacar as prendas en canto acabe a lavadora e tendelas estendidas para que non se deformen.

As prendas de la son confortables e proporcionan calor, por iso, aínda que requiran uns coidados especiais, paga a pena telas no teu vestiario de inverno.

Moitos servizos!

Queremos que desfrutes dunha experiencia de compra inolvidable.

Por iso, ademais de ofrecerche wifi, recarga de móbiles e aparcadoiro gratuíto, na nosa tenda tes unha zona infantil admitimos mascotas.

CONDICIÓNS ESPECIAIS

TARXETA DE CLIENTA

DESCONTOS,

PROMOCIÓNS E SORTEOS

Temos un servizo de costura e acondicionamento de prendas, para que te sintas perfecta.

Reservamos as prendas que che encanten, por se non as podes mercar neste momento.

Ofrecémosche un asesoramento personalizado, acorde coas túas necesidades e estilo.

Gardamos as túas bolsas, para que vaias facer os teus recados tranquilamente.

O último no noso blog

Mantémoste ao día das últimas tendencias e novidades.

Non perdas nada!

Entretempos

Entretempos

  Moitas veces comentádesme en probadores o difícil que vos resulta vestir con estilo en entretempo.   En outono e primavera temos varios cambios de temperatura ao longo do día: frío pola mañá, máis calor a medida que se achega o mediodía, e cando chega a...

Ler as etiquetas da roupa e entendelas

Ler as etiquetas da roupa e entendelas

  Cantas veces nos preguntamos: “podo lavar este xersei de la?”, “a blusa de seda, lávoa a man ou na lavadora?”, “teño que limpar este abrigo en seco ou podo limpalo na casa?”. Podemos seguir facéndonos estas e moitas otras preguntas máis se seguimos pensando que...

Se queres ter estilo, deixa de buscar no armario

Se queres ter estilo, deixa de buscar no armario

  A gran pregunta: Como quero verme e que quero transmitir? Se queres acertar, define o teu estilo.   O estilo é o que te caracteriza como persoa. Se queremos que a roupa que temos no armario identifique como somos e se adapte á nosa personalidade, teremos...

VÉN VERNOS!

Rúa Doutor Teixeiro n°20

15701 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 57 74 16

E-mail: info@carmendiazestilista.com

ESCRÍBENOS!

Política de privacidade

7 + 8 =

Responsable del tratamiento: Carmen Díaz. Finalidades: Gestión de las consultas recibidas desde la web. Legitimación: El interés legítimo de ambas partes. Destinatarios: No se efectuará comunicación a otras entidades, salvo obligación o necesidad legal. Tampoco transferencias a terceros que no ofrecen garantías adecuadas. Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos y otros derechos, como se explica en la política de privacidad. Procedencia de los Datos: Del interesado.
Abrir chat